martes, 16 de mayo de 2017

composición ISABEL II




Á hora de realizar unha análise do contexto político do  reinado de Isabel II,
comezaremos abordando a cuestión carlista. O carlismo, xorde do grupo de absolutistas que rodeaban a Caros María Isidro, irmán do rei Fernando VII, ao cal
consideraban como herdeiro lexítimo ao trono (recordemos que, mediante a Pragmática Sanción, Fernando VII, derroga a Lei Sálica, lei que vetaba o acceso das mulleres áregencia; favorecendo así, á súa filla Isabel). Esta tendencia política, de carácter antiliberal, tradicionalista e reaccionario,  articulabase en torno a unha serie de liñas mestras como son: o catolicismo, o absolutismo monárquico, o foralismo, e a sociedade estamental (Doc. 1). Socialmente, asentouse no campesiñado pobre, o clero e a nobreza.; demográficamente, no País Vasco, Navarra e Cataluña, rexións forales que vían no Liberalismo unha ameaza aos seus privilexios.

A situación política da época, adoita dividirse, para o seu estudo en dúas etapas.
Comezaremos analizado a época das rexencias: trala morte de Fernando VII,
asume a rexencia do Estado María Cristina de Borbón. Malia o seu
marcado carácter absolutista, verase obrigada a apoiarse nos liberais, a fin
de conservar a cohesión do Estado, ameazada polas pretensións carlistas. En 1840, verase obrigada a abandonar o cargo, asumindo a rexencia o xeneral Espartero, cuxo mandato, estará caracterizado por unha política de autoritarismo e amiguismo, asentada nas clases populares e o librecambismo. O plano lexislativo estará marcado pola procura dun corpus legal máis progresista. Dita procura, fará posible dar o salto do Estatuto Real de 1834 a unha nova Constitución, de tintes doceañistas: a Constitución de 1837 (Doc. 2). Tras unha continuada pérdida de apoio popular (desatada polo bombardeo de Barcelona, producido tralas revoltas ocasionadas a raíz do anuncio dun tratado comercial con Inglaterra), o mandato de Espartero tocará ao seu fin
en 1843. Ante o posible regreso de María Cristina de Borbón, o goberno provisional,decide adiantar a maioría de idade de Isabel II, comezando así o seu reinado.
Este, estará caracterizado por un feroz bipartidismo: alternaranse no poder
moderados e progresistas (cun claro predominio dos primeiros, que contaban co
apoio real). Sobresairá a figura de Narváez, dirixente moderado que ocupará a
presidencia do goberno en diversas ocasións. O seu labor como gobernante centrarase na consecución dun Estado centralizado e uniforme. Para iso, adoptará unha serie de medidas, entre as cales, destacou unha nova Constitución: a Constitución de 1845(Doc. 3). Esta Carta Magna, de carácter moderado, marcará a orientación política do país durante o reinado de Isabel II .

Tralo inicio da segunda Guerra Carlista, no plano político, a penas destacará o goberno de Bravo Murillo, de tintes tecnocráticos, inspirado na Francia de NapoleónIII. Un intento de reforma constitucional, fará que a raíña perda a confianza depositada no gobernante, que se verá obrigado a dimitir.
En 1854, estala a Vicalvarada, sublevación militar capitaneada polos xenerais Donell, que derivará na instauración do Bienio Progresista. Este, estará
protagonizado polo regreso de Espartero á jefatura do goberno, e por unha intensa crise económica, que traerá consigo un aumento na carestía da vida e o incremento da débeda pública, factores que forzarán a dimisión de Espartero e
conlevarán ao auxe da Unión Liberal, coa consecuente alternancia no goberno
de Donell e Narváez. No plano legislativo, sobresae a Constitución de 1856 : de carácter progresista; debido ao cambio de goberno, nunca chegou a ser promulgada.

En resumo, a práctica política, articulada en torno ao peso dos líderes políticos, estaba sometida a un sistema de redes clientelares, á prensa e a un sistema electoral corrupto, que manipulaba o censo e os resultados. En consecuencia, a participación, era moi escasa, por iso é polo que unha das principais reivindicacións da esquerda (demócratas e progresistas), foi a adopción dun sistema de sufragio universal (Doc. 4). Os partidos políticos (citados ideológicamente de dereita a esquerda), eran: o Carlista, o Moderado, a Unión Liberal, o Progresista e o Demócrata.
En marzo de 1863, comeza a crise do goberno longo do Donell. Ante a constante inferencia da raíña, unionistas e progresistas renuncian a concorrer ás eleccións. A crise económica de 1866 cuxo alcance afectou a todos os sectores (sobre todo ao financeiro, ao industrial e ás subsistencias), unido ao falecemento dos dous grandes soportes do sistema isabelino,Donell e Narváez, aceleraron o descrédito de rexéntea, que se viu incapaz de acalar a sublevación do almirante Topete, ao cal, sumáronse, entre outros, Sagasta, Serrano e Prim (Doc. 5). Esta sublevación, que será coñecida co nome de A Gloriosa, poñerá fin ao reinado de Isabel II, que se verá obrigada a exiliarse en Paris.


No hay comentarios:

Publicar un comentario