martes, 16 de mayo de 2017

COMENTARIO TRANSICIÓN POLÍTICA

Coa morte do ditador Francisco Franco e a coroación de Xoán Carlos I,comezou a etapa coñecida como transición política.
Arias Navarro confirmado polo rei como novo presidente do goberno ,pero as reformas políticas chegarían da man de Adolfo Suárez nomeado polo rei presidente do goberno polas distantes relacións,tensas e faltas de sintonía política do rei con Arias Navarro.Adolfo Suarez levou a cabo numerosas reformas políticas como o Lei para a Reforma Política(desmantelar o réxime dende a legalidade:sobre a supremacía da lei e a soberanía popular,un sistema bicameral,o sufraxio universal na elección dos deputados)(Doc 2),dito espírito reformista deixouno expreso no seu primeiro discurso “A Coroa ten a vontade expresa de alcanzar unha democracia moderna para España”.(Doc 1)
Neste contexto marcado polo rupturismo con Arias Navarro e durante os gobernos de Suarez a oposición colaborou,arrastrada polo talante aberto e dialogante do presidente.Pero a partir do momento no que entra en vigor a Lei para a Reforma Política,coa que se poñía fin ao franquismo,abríase o camiño para o restablecemento das liberdades democráticas e para a convocatoria dunhas Cortes Constituíntes.(Doc 3)
O  goberno de Suarez enfrontábase as eleccións democráticas para legalizar os partidos políticos.Unha vez celebradas,saldouse como gañador  a Unión de Centro Democrático,os seus obxectivos principais eran elaborara unha constitución democrática e superar os problemas económicos.Posteriormente asináronse os Pactos de Moncloa nos que se establecían as medidas precisas par sanear a economía española e recoñecer os dereitos políticos e as liberdades civís da cidadanía en tanto non se aprobase a constitución.
Pero o principal neste período foi a aprobación da Constitución de 1978(DOc 4),esta proclamaba a soberanía popular,a monarquía parlamentaria como forma do Estado,o dereito a autonomía das nacionalidades,a cooficialidade das linguas autonómicas,recoñécense os dereitos políticos e liberdades civís,a confesionalidade do Estado,a separación e independencia dos tres poderes e unha nova organización territorial coa nova configuración dos Estados en comunidades autónomas.Apesares disto Súarez tivo que facer fronte a crise económica,aos problemas internos no partido,ao proceso autonómico que non sempre puido mantelo no seu poder e a ameaza terrorista.Todos estes sucesos fixo que Suarez dimitise o 29 de xaneiro de 1981.
Despois de dimitir Suarez,celebrouse a investidura de Leopoldo Calvo Sotelo,xusto cando Tejero asaltaba o Congreso de Deputados(Doc 5),este mantivo secuestrados os representantes da soberanía popular co obxectivo de rematar coa democracia,pero resultou nun golpe de Estado militar fracasado.En outubro de 1982 celebráronse outras eleccións democráticas gañadas polo PSOE(doc 6) ,este goberno estivo dirixido pola figura de Felipe Gonzalez,tiñan como obxectivo consolidar a democracia e modernizar a España

No hay comentarios:

Publicar un comentario